Denuncia
Portada » Denuncia
Combatir a islamofobia e o odio
Se fuche vítima de hostilidade, discriminación ou mesmo violencia, segue as seguintes recomendacións:
¿Cómo denunciar delitos de odio?
- Prioriza a túa seguridade, busca un lugar seguro.
- Chama aos servizos de emerxencia 112, 091 ou 062 se é necesaria a intervención policial, verificando primeiro se necesitas atención médica.
- Achégate ás persoas que poideron ser testemuñas.
- Denuncia os feitos ante as Forzas e Corpos de Seguridade. Leva a documentación necesaria (partes médicos no caso de lesións, capturas de pantalla con mensaxes…etc.) e lembra que podes ter a compañía dunha persoa que che ofreza apoio mentres denuncias.
- Solicita un intérprete se non comprendes o idioma ou se te expresas mediante a linguaxe de signos ou documentación en lectura fácil para persoas con discapacidade do desenvolvemento.
- Facilita información o máis detallada posible sobre os feitos sufridos.
- Describe ao autor/a o máis detalladamente posible, facendo fincapé na súa vestimenta, tatuaxes, grupos ou colectivos hostís aos que puidese pertencer, se portaban simboloxía, etc. e manifesta literalmente as expresións e comentarios que puideche percibir, xa que isto orienta aos investigadores/as sobre se existe unha motivación discriminatoria ou de odio.
Tes á túa disposición servizos de orientación xurídica, apoio emocional e psicolóxica
Oficina Nacional de Lucha Contra los Delitos de Odio
Oficina Central de Denuncia y Solidaridad del Consejo de Víctimas de Delitos de Odio/Movimiento contra la Intolerancia.
Servicio de Asistencia y Orientación a Víctimas de Discriminación Racial o Étnica del CEDRE
Asociación Abogacía por la NO Discriminación y la Igualdad de Trato (ANDIT)ASESORIA Y DEFENSA JURIDICA
Se son testemuña de islamofobia que debo de facer?
1. Mantén a calma e sitúate xunto á persoa acosada.
2. Establece unha conversación coa vítima e ignora á persoa acosadora.
4. Se fose preciso, desprazate coa persoa acosada a un lugar seguro e contacta cos servizos de emerxencia.
5. Convidar á vítima para unirse a un grupo. Constrúe un espazo seguro.
6. Unha vez terminada a situación, asegurate de que a persoa acosada sentese cómoda para poder continuar co seu camiño.
7. Respecta a súa decisión en todo momento e acompáñaa a un recurso de atención especializada no caso de que sexa necesario.
SERÁS CÓMPLICE
- Se mostras incredulidade, non crees a vítima ou consideras que esaxera.
- Se ignoras a situación, non atendes a súa demanda de axuda ou non lle buscas ou apoio preciso.
contacto
¿Tienes dudas o quieres colaborar?
Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo. De la pradera ullamco qué dise usteer está la cosa muy malar.
Contáctanos
+34 981 000 000