Audiovisuais

Aquí tes unha selección de películas para traballar a islamofobia.

Qué é a islamofobia?

A islamofobia é unha forma de racismo e xenofobia manifestada a través da hostilidade, exclusión, rexeitamento e odio contra as persoas musulmás,sobre todo cando a poboación musulmá é unha minoría, algo que ocorre con maior impacto en países occidentais.” Consello de Europa e o Comité sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial da ONU

Por iso, a islamofobia constitúese como un tipo de racismo anti-musulmán que se manifesta en forma de prexuízos, discriminacións, ofensas, agresións e violencia.

Segundo o European Islamophobia Report de 2017, a islamofobia ten lugar cando un grupo dominante de persoas ten o obxectivo de apoderarse, estabilizar e ampliar o seu poder mediante a creación dun chibo expiatorio, real ou inventado, a través da construción dunha Outredade, diferente a un mesmo e a súa sociedade. A islamofobia constrúe unha identidade musulmá á que se atribúen imaxes e termos que homoxeneizarían a todos os membros da comunidade.

Delito + Motivación con prexuízos = DELITO DE ODIO

¿Qué son os delitos de odio?

Para que haxa delito de odio, o primeiro que é preciso é que haxa un delito base conforme á lexislación nacional.

O segundo elemento dun delito de odio é que quen o cometa o faga por razón dun prexuízo, tomando a unha persoa como branco en base a unha característica protexida da vítima  (identidade de xénero, etnia, orientación sexual, relixión,…entre outros aspectos recoñecidos no Código Penal español)

A diferenza das vítimas doutros actos delituosos, as vítimas dos delitos de odio son seleccionadas polo que representan máis que polo que son. A mensaxe que se transmite, de intimidación, non só vai dirixido á vítima, senón tamén á comunidade máis ampla á que pertence a vítima.

Os delitos de odio, polo tanto, danan profundamento o tecido social e fragmentan ás comunidades.

O Ministerio do Interior publica informes anuais sobre a evolución dos delitos de odio en España. Podes consultar o último dispoñible aquí.

contacto

Tes dúbidas ou queres colaborar?

Traballamos cada día para mellorar a vida de miles de persoas. Xuntos podemos marcar a diferenza.

Contáctanos

+34 881889335

Hello world!

Welcome to WordPress. This is your first post. Edit or delete it, then start writing!

Read More »

Añade aquí tu texto de cabecera

Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo. De la pradera ullamco qué dise usteer está la cosa muy malar.