Publicacións
Portada » Recursos para traballar » Publicacións
Soamente cunha resposta de todos os actores da sociedade poderase loitar eficazmente contra a discriminación, a intolerancia e os delitos de odio contra as persoas musulmás
A situación actual
As comunidades musulmás son vítimas dunha retórica que a miúdo as asocia co terrorismo e o extremismo ou se presentan como unha ameaza.
Retrátase ás persoas musulmás como un grupo monolítico, cuxa relixión e cultura son incompatibles cos conceptos de dereitos humanos e democracia.
Esta intolerancia está a xerar un clima que ampara os delitos de odio contra os musulmáns, o que supón un intento de illalos da sociedade.
Qué é a islamofobia?
A islamofobia é unha forma de racismo e xenofobia manifestada a través da hostilidade, exclusión, rexeitamento e odio contra as persoas musulmás,sobre todo cando a poboación musulmá é unha minoría, algo que ocorre con maior impacto en países occidentais.” Consello de Europa e o Comité sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial da ONU
Por iso, a islamofobia constitúese como un tipo de racismo anti-musulmán que se manifesta en forma de prexuízos, discriminacións, ofensas, agresións e violencia.
Segundo o European Islamophobia Report de 2017, a islamofobia ten lugar cando un grupo dominante de persoas ten o obxectivo de apoderarse, estabilizar e ampliar o seu poder mediante a creación dun chibo expiatorio, real ou inventado, a través da construción dunha Outredade, diferente a un mesmo e a súa sociedade. A islamofobia constrúe unha identidade musulmá á que se atribúen imaxes e termos que homoxeneizarían a todos os membros da comunidade.
Delito + Motivación con prexuízos = DELITO DE ODIO
¿Qué son os delitos de odio?
Para que haxa delito de odio, o primeiro que é preciso é que haxa un delito base conforme á lexislación nacional.
O segundo elemento dun delito de odio é que quen o cometa o faga por razón dun prexuízo, tomando a unha persoa como branco en base a unha característica protexida da vítima (identidade de xénero, etnia, orientación sexual, relixión,…entre outros aspectos recoñecidos no Código Penal español)
A diferenza das vítimas doutros actos delituosos, as vítimas dos delitos de odio son seleccionadas polo que representan máis que polo que son. A mensaxe que se transmite, de intimidación, non só vai dirixido á vítima, senón tamén á comunidade máis ampla á que pertence a vítima.
Os delitos de odio, polo tanto, danan profundamento o tecido social e fragmentan ás comunidades.
O Ministerio do Interior publica informes anuais sobre a evolución dos delitos de odio en España. Podes consultar o último dispoñible aquí.
Tes dúbidas ou queres colaborar?
Traballamos cada día para mellorar a vida de miles de persoas. Xuntos podemos marcar a diferenza.
Contáctanos
+34 881889335