Denuncia
Portada » Denuncia
Combatir a islamofobia e o odio
Se fuche vítima de hostilidade, discriminación ou mesmo violencia, segue as seguintes recomendacións:
¿Cómo denunciar delitos de odio?
- Prioriza a túa seguridade, busca un lugar seguro.
- Chama aos servizos de emerxencia 112, 091 ou 062 se é necesaria a intervención policial, verificando primeiro se necesitas atención médica.
- Achégate ás persoas que poideron ser testemuñas.
- Denuncia os feitos ante as Forzas e Corpos de Seguridade. Leva a documentación necesaria (partes médicos no caso de lesións, capturas de pantalla con mensaxes…etc.) e lembra que podes ter a compañía dunha persoa que che ofreza apoio mentres denuncias.
- Solicita un intérprete se non comprendes o idioma ou se te expresas mediante a linguaxe de signos ou documentación en lectura fácil para persoas con discapacidade do desenvolvemento.
- Facilita información o máis detallada posible sobre os feitos sufridos.
- Describe ao autor/a o máis detalladamente posible, facendo fincapé na súa vestimenta, tatuaxes, grupos ou colectivos hostís aos que puidese pertencer, se portaban simboloxía, etc. e manifesta literalmente as expresións e comentarios que puideche percibir, xa que isto orienta aos investigadores/as sobre se existe unha motivación discriminatoria ou de odio.
Podes denunciar....
– Insultos (xa sexan en ámbito publico ou privado, presenciais ou a través de redes sociais).
– Humillacións ou intento delas (xa sexan en ámbito publico ou privado, presenciais ou a través de redes sociais).
– Danos realizados a algunha das túas propiedades por asociación á túa relixión.
– Agresións físicas ocasionado por ser musulmán.
– Despido do teu posto de traballo por ser musulmán.
Eses son exemplos de delitos de odio denunciables, lembra que logo existen incidentes non penais que tamén podes denunciar na correspondente vía. Poden ser varios, os máis comúns son a discriminación en xeral, como por exemplo que non te atendan correctamente na administración ou en calquera comercio ou empresa se levas calquer tipo de vestimenta ou simboloxia relixiosa, como o velo islámico.
Tes á túa disposición servizos de orientación xurídica, apoio emocional e psicolóxica
Oficina Nacional de Lucha Contra los Delitos de Odio
Oficina Central de Denuncia y Solidaridad del Consejo de Víctimas de Delitos de Odio/Movimiento contra la Intolerancia.
Servicio de Asistencia y Orientación a Víctimas de Discriminación Racial o Étnica del CEDRE
Asociación Abogacía por la NO Discriminación y la Igualdad de Trato (ANDIT)ASESORIA Y DEFENSA JURIDICA
Se son testemuña de islamofobia que debo de facer?
SERÁS CÓMPLICE SE…
-
Mostras incredulidade, non crees a vítima ou consideras que esaxera.
Se ignoras a situación, non atendes a súa demanda de axuda ou non lle buscas ou apoio preciso.
Tes dúbidas ou queres colaborar?
Traballamos cada día para mellorar a vida de miles de persoas. Xuntos podemos marcar a diferenza.
Contáctanos
+34 981 000 000