Islamofobia
Portada » Islamofobia
Soamente cunha resposta de todos os actores da sociedade poderase loitar eficazmente contra a discriminación, a intolerancia e os delitos de odio contra as persoas musulmás
A situación actual
As comunidades musulmás son vítimas dunha retórica que a miúdo as asocia co terrorismo, o extremismo e as presentan como unha ameaza.
Retrátase ás persoas musulmás como un grupo monolítico, cuxa relixión e cultura son incompatibles cos conceptos de dereitos humanos e democracia.
Esta intolerancia está a xerar un clima que ampara os delitos de odio contra os musulmáns, o que supón un intento de illalos da sociedade.
Qué é a islamofobia?
A islamofobia é unha forma de racismo e xenofobia manifestada a través da hostilidade, exclusión, rexeitamento e odio contra as persoas musulmás,sobre todo cando a poboación musulmá é unha minoría, algo que ocorre con maior impacto en países occidentais.” Consello de Europa e o Comité sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial da ONU.
Por iso, a islamofobia constitúese como un tipo de racismo anti-musulmán que se manifesta en forma de prexuízos, discriminacións, ofensas, agresións e violencia.
Segundo o European Islamophobia Report de 2017, a islamofobia ten lugar cando un grupo dominante de persoas ten o obxectivo de apoderarse, estabilizar e ampliar o seu poder mediante a creación dun chibo expiatorio, real ou inventado, a través da construción dunha Outredade, diferente a un mesmo e a súa sociedade. A islamofobia constrúe unha identidade musulmá á que se atribúen imaxes e termos que homoxeneizarían a todos os membros da comunidade.
Delito + Motivación con prexuízos = DELITO DE ODIO
¿Qué son os delitos de odio?
Para que haxa delito de odio, o primeiro que é preciso é que haxa un delito base conforme á lexislación nacional.
O segundo elemento dun delito de odio é que quen o cometa o faga por razón dun prexuízo, tomando a unha persoa como branco en base a unha característica protexida da vítima (identidade de xénero, etnia, orientación sexual, relixión,…entre outros aspectos recoñecidos no Código Penal español)
A diferenza das vítimas doutros actos delituosos, as vítimas dos delitos de odio son seleccionadas polo que representan máis que polo que son. A mensaxe que se transmite, de intimidación, non só vai dirixido á vítima, senón tamén á comunidade máis ampla á que pertence a vítima.
Os delitos de odio, polo tanto, danan profundamento o tecido social e fragmentan ás comunidades.
O Ministerio do Interior publica informes anuais sobre a evolución dos delitos de odio en España. Podes consultar o último dispoñible aquí.
Cómo pode afectar psicolóxicamente un delito de odio a unha vítima?
- MEDO E TERROR: O temor, propio ou por familiares, pode ocasionar nalgunhas persoas que deixen de realizar as súas actividades cotiás.
- NEGACIÓN: Moitas vítimas optan por non falar dos feitos porque pensan que aumentarán as agresións se denuncian ás FFCCS. Outras vítimas se autoconvencen de que as causas están motivadas por razóns distintas ao odio por prexuízos.
- ILLAMENTO: Algunhas vítimas senten soas e illadas porque pensan que a gran parte da poboación non lle preocupan estas condutas, e mesmo que poidan xustificar a comisión dos delitos de odio do que foron vítima.
- AUTOINCULPACIÓN: Determinadas persoas convéncense a si mesmas de que son certos os estereotipos do que se derivan os prexuízos que motivaron o ataque,
culpabilizando á súa propia conduta da agresión. - PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL: Algunhas vítimas sofren un forte impacto psicolóxico e sentense superadas, perden a esperanza chegando a manifestar síntomas de ansiedade, depresión, trastornos de pánico e TEPT. Outros poden reaccionar con ira respondendo con violencia e represalias.
Asistencia a víctimas de Delitos de Odio: traumas y factores de estrés. Oficina Nacional Contra los Delitos de Odio.
Tes dúbidas ou queres colaborar?
Traballamos cada día para mellorar a vida de miles de persoas. Xuntos podemos marcar a diferenza.
Contáctanos
+34 881889335